xoves, 18 de abril de 2024

VERBATECA- LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de  infantil.

Xogando, traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras da nosa lingua sobre diferentes temáticas...

Esta actividade ten como obxectivos:
Potenciar o traballo en equipo.
Aumentar o vocabulario.
Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
Manter unha boa actitude de escoita.
Motivar á lectura por medio da oralidade.
Fomentar a imaxinación e a creatividade.



martes, 9 de abril de 2024

CITA CLUB DE LECTURA

 Un grupo de nenos/as de 2º de primaria participou nunha sesión do club de lectura, con debate e xogos relativos ao libro de Jacobo Fernández Serrano "Avoa Power" 


Se ledes o libro tamén podedes xogar a atinar as preguntas.














venres, 5 de abril de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Remata a actividade "Hora de Ler" (6º de infantil), coas mochilas viaxeiras que estiveron funcionando ao longo dos trimestres.

 "A mellor lectura, desfrútase en familia"

A actividade consistía en realizar no bloc en colaboración coa familia un debuxo, receita, manualidade, fotografía, texto...  

Estas son as vosas creacións!




martes, 2 de abril de 2024

VISITA Á BIBLIOTECA DO NOSO ENTORNO

 O alumnado de 2º de primaria , visitou a biblioteca municipal da Ponte. 

A bibliotecaria, explicoulles como identificar os libros dos andeis. Despois a cativada participou nunha animación á lectura e tamén desfrutaron dun tempo libre de lectura.



venres, 22 de marzo de 2024

ESPECTÁCULO DE MAXIA


 O mago Paco, sorprendeunos co seu espectáculo de maxia.

 ....Que pasa cando se xuntan as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos? Pois a maxia apodérase dos contos e os contacontos convírtense en "Contamaxias"


PREME NA IMAXE  para ver algúns dos mellores momentos


mércores, 20 de marzo de 2024

MES DA POESÍA



OBRADOIRO DE POESÍA: Materiais e recursos para traballar a poesía creativa.



-  1,2,3 ... a escribir campo a través. Obradoiro de Poesía como actividade de escritura creativa: Inventaron acrósticos con cadanseu nome, completaronversos con anáfora e plasmaron en imaxes un poema de Leire Bilbao.


-   Lecturas expresivas por divertimento.



- Versos monstruosos, con pezas de cartolina. Encontra a túa combinación, hai moitas posibilidades.


- Poesía e natureza.

PREME NA IMAXE Para ver un poema musicado



luns, 18 de marzo de 2024

17 de MARZO, DÍA DA BANDA DESEÑADA

 Para conmemorar este día, o alumnado despois de ver o video sobre este conto en inglés: "The Good Egg", de Jordy John e peete Oswald; traballou en equipo para pasalo a banda deseñada. Unha historia relativa á convivencia entre iguais. 

Como actividade creativa final, decoraron oviños para representar aos personaxes do conto.


- Obradoiro de: Banda deseñada.