xoves, 30 de novembro de 2017

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

"... LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO. "

Animámosvos a que durante este mes elixades como temática de lectura CIENCIA.
Tamén, podedes achegar os vosos experimentos para o disfrute de todos/as.
 Unha pequena recopilación de libros de ciencia na biblioteca

MÁIS INFORMACIÓN
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1030

RECOPILACIÓN DE ACTIVIDADES

Durante este mes de novembro fixéronse varios experimentos alentando a curiosidade nos nenos e nenas. 
Estas experiencias expuxéronse no vestíbulo do centro para que toda a comunidade disfrutara delas. 

EXPERIMENTOS COMO:

-  Un compás que nos indica o norte 
-  Xerminación e crecemento dunha planta 
- Cenorias mutantes 
- Prácticas de observación  (microscopio, lupa...)  
- O ovo, observación dunha célula
-  Lacasitos que destiñen: colorantes 
- Ovo saltarín 
- Lámpada de lava
- Que lle pasa ao óso de polo se o metemos en vinagre?
- Flotar en auga de sal
- Fabricación de plastilina caseira
- Globo, portador de mensaxeS
- Pinturas de cores
- Observación do efecto da capilaridade
- Bolas que levitan
- Maxia coa refracción
- Mensaxe segreda
- Robótica


Taboleiro de "Contos por teléfono" de Rodari, e xogando co Beebot.


 LABORATORIO MÓBIL